29 de Abril de 2025,
Santa Catalina de Siena

Mans Unidas recibiu a visita do bispo de Tui-Vigo

Mans Unidas recibiu a visita do bispo de Tui-Vigo
FOTO.- Voluntarios de la delegación de Manos Unidas junto al obispo de Tui-Vigo | © Manos Unidas de Tui-Vigo

O mércores 16 de outubro, a delegación diocesana de Mans Unidas recibiu a visita do bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, nas súas oficinas situadas na rúa Vázquez Varela, en Vigo. Así, o prelado tudense puido coñecer ao equipo de voluntarios que conforman a delegación, as súas instalacións e os diferentes proxectos que desenvolven ao longo do ano, máis aló das accións específicas da campaña «Contra a fame» —que, cada ano, a Igrexa celebra o segundo domingo de febreiro—.

Mans Unidas é a ONG de desenvolvemento da Igrexa Católica que traballa para apoiar os pobos do sur no seu desenvolvemento e para sensibilizar á poboación española. A misión desta organización, conformada por unha sede de Servizos Centrais e 72 delegacións situadas no territorio español, é loitar contra a fame, o subdesarrollo e a falta de instrución, á vez que traballa para erradicar as causas estruturais que as producen.