17 de Marzo de 2026,
San Patricio

Manuel Carreira Sebio, irmán de La  Salle , presentará a campaña «Contra a fame» de Mans Unidas

Manuel Carreira Sebio, irmán de La  Salle , presentará a campaña «Contra a fame» de Mans Unidas
FOTO.- El misionero Manuel Carreira presentará la campaña «Contra el hambre» 2025 de Manos Unidas

O misioneiro galego Manuel Carreira Sebio, do Instituto dos Irmáns de Escolas Cristiás, presentará a campaña «Contra a fame» 2025 de Mans Unidas, que leva por lema «Compartir é a nosa maior riqueza». O mércores 5 de febreiro, ás 19:00 horas, inaugurarase a campaña cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, no templo parroquial de Santa Marta, en Vigo; a continuación, o irmán Manuel Carreira compartirá o seu testemuño e falará do labor de Mans Unidas.  Os días previos, acudirá a diferentes centros educativos e a varias parroquias da diocese, para contar a súa experiencia como misioneira no continente africano e visibilizar o traballo da entidade.

Ademais deste acto de presentación, Mans Unidas convoca o venres, 7 de febreiro, unha xornada de xaxún voluntario. Durante a fin de semana, as colectas dominicais tamén estarán destinadas a soster os diferentes proxectos da entidade en todo o mundo.

Neste ano 2025, Mans Unidas, a organización de la Iglesia católica en España para a loita contra a pobreza que sofren os pobos máis excluídos do planeta, proponse o reto de redefinir «a prosperidade como un compromiso compartido, onde o benestar individual está intrinsecamente ligado ao benestar da comunidade e ao coidado da nosa casa común». Durante o quinquenio 2023-2027, Mans Unidas quere renovar o seu compromiso de seguir loitando pola dignidade de todas as persoas e liberar á humanidade da pobreza, da fame e da desigualdade, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Na actualidade, Mans Unidas aprobou 550 proxectos de desenvolvemento en 51 países de África, América e Asia, o que supón unha axuda directa a 1.22.835 de persoas, grazas á colaboración de 71.442  socios. Conta con 72 delegacións repartidas por España, nas que colaboran máis de 6 mil voluntarios.

Sobre o irmán Manuel Carreira Sebio

O irmán Manuel é licenciado en Xeografía e Historia e conta con estudos en Dogma, Moral e Culto. Durante 34 anos, traballou en Guinea Ecuatorial, desenvolvendo proxectos no ámbito da educación e no campo sanitario cos máis vulnerables —mediante a  construción de pozos, escolas, postos de saúde ou casas de adobe; e a protección de mananciais—. A súa obra máis importante foi a fundación da Escola de Catequistas de Bata, xa que os catequistas dos poboados da selva son os animadores da comunidade en case todas as vertentes: animación da capela, organización dos diferentes traballos comunitarios ou a atención ás persoas con dificultades económicas ou de saúde.