19 de Novembro de 2026,
San Abdías

María Margarita Adrio e Pedro Puy analizarán o discurso do papa León ante o Parlamento español

María Margarita Adrio e Pedro Puy analizarán o discurso do papa León ante o Parlamento español

O Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo organiza o martes 3 de novembro, ás 12.30 horas, unha mesa redonda sobre o discurso pronunciado polo papa León XIV ante o Parlamento español o 8 de xuño de 2026. No encontro participarán María Margarita Adrio Taracido, exsenadora e deputada do PSOE no Congreso durante a XV Lexislatura, e Pedro Puy Fraga, deputado do PP no Congreso durante a XV Lexislatura. O sacerdote e xornalista Alberto Cuevas moderará o diálogo.

María Margarita Adrio é licenciada en Dereito e diplomada en Criminoloxía. Exerceu a avogacía en Pontevedra ata 2021 e foi concelleira deste concello entre 1990 e 1995. Posteriormente, ocupou un escano no Senado durante as lexislaturas XIII e XIV.

Pola súa banda, Pedro Puy é licenciado e doutor en Dereito, ademais de profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Foi deputado no Parlamento de Galicia entre 2009 e 2023 e voceira do Grupo Parlamentario Popular durante máis dunha década. Tamén desempeñou o cargo de director xeneral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia entre 2002 e 2005 e formou parte do Consello de Contas de Galicia entre 2007 e 2009.