7 de Marzo de 2026,
Santas Perpetua y Felicidad

María, modelo de esperanza, caridade e fe

María, modelo de esperanza, caridade e fe
FOTO.- La imagen de la virgen procesionó por las calles de la ciudad | © Diocese de Tui-Vigo

Con motivo da solemnidade da asunción de María, centos de fieis participaron na eucaristía solemne harmonizada pola coral de San Roque e presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, na concatedral-basílica da cidade olívica. Durante a súa intervención, o prelado destacou que «María, coa súa entrega fiel, coa súa unión á misión do fillo, é imaxe da Igrexa que peregrina polo mundo cara a Deus pai. Tamén é modelo de esperanza, caridade e fe. Ela, María, anímanos a ser signos de esperanza co testemuño da nosa propia vida».

A celebración de Asunción,  expresou monseñor Antonio Valín, lémbranos «que a nosa historia crente e a historia da humanidade ten un final feliz. María, que proclamou a acción de Dios na súa vida e co seu testemuño, é o espello no que nos podemos mirar». Así, finalizaba pedindo «que o testemuño da nosa nai, que a esperanza que ela nos trae, que a compañía que nos ofrece axúdenos a vivir o noso camiño de fe, mirando sempre o ceo e buscando o ceo para ser homes e mulleres resucitados».

Tras a eucaristía, a patroa de Vigo procesionou polas rúas da cidade, acompañada dos fieis e da banda de música Agrupación Musical Atlántida de Matamá . Enfilando rúa Real, Méndez Núñez e Sombrereiros ata Elduayen, a virxe chegou á oliveira de Alfonso XII, onde o bispo realizou a bendición e ofreceu aos pés de María unha rama de oliveira, para simbolizar a unión entre a cidade e a nai de Dios.

Como é sabido, tanto a catedral de Tui como a concatedral viguesa —que o é desde que en 1959 a antiga diocese de Tui foi nomeada co dobre título de Tui-Vigo—, están dedicadas a santa María da Asunción. En Vigo, santa María é, ademais e por iso, a festa da patroa da cidade a quen está dedicado o templo, cuxas glorias se cantan desde antigo e que eternizaron os xograres medievais.  

En 1950, o papa Pío XII definiu solemnemente esta verdade de fe recibida da tradición da Igrexa. A asunción da Virxe —entendida como a elevación en corpo e alma da Virxe ao ceo— constitúe unha participación singular na Resurrección e unha anticipación da resurrección dos demais cristiáns.

Celebración de la solemnidad de la Asunción en Vigo (2025) | © Diocese de Tui-Vigo
« de 13 »