12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar
12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar

Marta e Óscar participaron na JMJ de Cracovia en 2016

Marta e Óscar participaron na JMJ de Cracovia en 2016
Marta Caride y Óscar del Valle en Cracovia durante los días de la JMJ de 2016 | © Marta Caride

Marta Caride vivía en Ourense, cando a súa curmá convidouna a asistir á JMJ de Cracovia no ano 2016 coa delegación de Pastoral Xuvenil de Vigo. Ata daquela, o seu compromiso cristián limitábase á participación na misa dominical «e pouco máis», expresa Marta. Para ela, participar na JMJ «foi un encontro brutal con Deus, porque non me sentín a única que cría nel », ao seu redor había máis de 3 millóns de mozos. Grazas a esta experiencia, pero sobre todo «á gran piña», tal e como o expresa Marta, que se formou durante a viaxe, comezou a participar nos encontros que organizaba a delegación de Pastoral Xuvenil —«Encontrados», «Oración Joven», Camiño de Santiago, etc.—, aos que se “afiliou”, oficialmente, unha vez comezou a cursar os seus estudos universitarios en Vigo. Na axenda, xa reservou as datas para irse a Lisboa e convida a outros mozos para participar porque, «seguramente, algunha vez na súa vida, se non foron a ningunha JMJ, sentíronse sós. Non son as únicas persoas que cren en Deus, somos moitísimos máis e esta vai ser unha experiencia única e vital» que transformará a súa maneira de vivir a fe.

Grazas á insistencia do seu párroco naquel momento, Óscar do Val participou, con Marta, na JMJ de Cracovia de 2016, a pesar de que «non tiña nin idea do que significaban esas siglas nin o evento en si ». Para Óscar, participar nesta JMJ foi unha «experiencia enriquecedora», que lle sorprendeu pola súa magnitude pois «ía con total descoñecemento. Non me esperaba algo tan grande con xente de tantísimos países». Agora, sete anos máis tarde, cando lle preguntan se recomendaría a outros mozos asistir a esta experiencia, responde con firmeza: «a resposta sen dúbida é que si. Podes ir cunhas ideas contrarias ao que é o evento, pero a propia experiencia absórbete e sénteste protagonista. Se es máis ou menos cristián, máis ou menos practicante, máis ou menos participante en eventos de Igrexa, sen dúbida é unha experiencia para vivir».

Regresa ao especial sobre aJMJ

Regresa á reportaxe especial sobre Xornada Mundial da Mocidade que terá lugar en Lisboa, do 1 ao 6 de agosto de 2023, para coñecer todo acerca do plan que a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo está a organizar.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp