1/10/2022

,

Santa Teresa del Niño Jesús
1/10/2022

,

Santa Teresa del Niño Jesús

Matamá celebra a romaría de san Mauro

Matamá celebra a romaría de san Mauro
Foto: Interior de la ermita de san Mauro | © Alberto J. Santos para "Vigo en fotos".

A comunidade parroquial de San Pedro de Matamá prepárase estes días para celebra a romaría en honra a San Mauro cunha serie de actos que comezará este venres 14 de xaneiro, tras o rezo da novena en honra ao santo.

Ás 18:30 horas do venres, os fieis de Matamá  procesionarán coa imaxe do santo desde o templo parroquial á capela de  san Mauro. Ao día seguinte, festividade do santo, haberá posibilidade de asistir á eucaristía ao longo de toda a xornada: na capela, ás 9, 10 e 11 horas, con posibilidade de achegarse ao  sacramento da Reconciliación; e no templo parroquial, ás 12, 18 e 19 horas. A misa solemne será no templo parroquial ás 12 horas.

O domingo, a eucaristía dominical será ás 10 e ás 12:30 horas, aínda que pola tarde, a misa das 18 horas serán en honra de san Mauro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp