9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Materiais da campaña «Contra a fame» 2023

Materiais da campaña «Contra a fame» 2023

«Frear a desigualdade está nas túas mans» é o lema que propón Mans Unidas para a 64.º campaña «Contra a fame» no mundo que arrinca esta semana: o venres, 10 de febreiro, con o Día do Xaxún Voluntario, e o domingo 12, con a colecta da Campaña contra a fame no mundo.

Coa Campaña deste ano, Mans Unidas comeza un quinquenio no que vai centrar o seu traballo nas brechas de desigualdade que seguen crecendo e comprometen a dignidade de todo ser humano. Porque para promover sociedades máis xustas, pacíficas e inclusivas, non basta con reducir a pobreza e a fame, ou mellorar a calidade da educación ou do medioambiente, senón que é necesario apostar decididamente pola eliminación das iniquidades que atentan contra a vida digna de millóns de persoas.

As cifras da fame no mundo seguen aumentando

Mans Unidas lembra que as cifras da pobreza e a fame aumentaronMáis de 811 millóns de persoas pasan fame no noso mundoe entre 5 e 11 persoas morren por minuto. No Sur, o grupo humano máis pobre e famento é o das mulleres, porque a fame ten, tamén, rostro de muller.

Ante estes datos, afirman que o desenvolvemento será inclusivo ou non será. Non vale un mundo dividido entre os do centro e os da periferia, os integrados e os excluídos, os dignos necesarios e os sobrantes descartables. Hai que buscar un modelo económico que respecte os dereitos de todas as persoas para reducir as desigualdades e superar o asistencialismo, e unha xestión pública que poña no centro, empoderándoos, aos máis vulnerables.

Tamén destacan que como organización de cooperación católicadeben procurar que desapareza a desigualdade do noso mundo. Así, a nosa loita contra a fame e a pobreza poderá ser efectiva e poderemos empuxar, onda outros, cara a un mundo xusto, inclusivo, sostible e en paz.

Por que o lema e a imaxe desta campaña?

A desigualdade converteuse na maior ameaza e o maior desafío a nivel mundial. Para moitas persoas, pensar en desigualdade e en fame é pensar nun reto imposible, un problema sen solución ante o que non se pode facer nada.

Desde Mans Unidas queren dar un xiro a esta idea e deixar a solución en mans de cada un de nós. Porque cando falamos de axudar todos usamos un elemento común, as mans, un elemento moi poderoso e con moita forza, tanto física como metaforicamente, que é símbolo principal e esencia da nosa organización.

Por iso, a imaxe elixida para acompañarnos en 2023 mostra unhas mans en branco e negro: fortes, que transmiten tenrura e convídannos, ao mesmo tempo, a tender as nosas aos nosos irmáns máis vulnerables e descartados.

E é que, para facer fronte á desigualdadetodas as mans suman, todas contan e todas son necesarias e poden axudar a acabar con esta secuela.

Co lema e a imaxe desta Campaña «Frear a desigualdade está nas túas mans«, queremos facer un chamamento á sociedade para loitar pola dignidade e promover un mundo onde todos valer o mesmo e ninguén quede atrás.

Porque o combate contra a desigualdade só é posible desde a convicción de que o futuro das desigualdades non é cousa doutros, senón que depende de cada un de nós, e está nas nosas mans.

En datos

Con motivo da Campaña, Mans Unidas fai públicos os datos de quen son, como se financia e os seus campos de actuación.

Esta Asociación da Igrexa Católica en España para a axuda, promoción e desenvolvemento dos países en vías de desenvolvemento. É, á súa vez, unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD), de voluntarios, católica e segrar.

Mans Unidas mantén dúas liñas de traballo: dar a coñecer e denunciar a existencia da fame e da pobreza, as súas causas e as súas posibles solucións. E reunir medios económicos para financiar os programas, plans e proxectos de desenvolvemento integral dirixidos a atender estas necesidades.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp