Ante a proximidade da celebración, o domingo 13 de novembro, da VI Xornada Mundial dos Pobres, a Conferencia Episcopal Española e Cáritas suman de novo os seus esforzos para mobilizar ás comunidades cristiás e a toda a sociedade nos obxectivos desta cita anual convocada polo papa Francisco.
A idea de impulsar esta Xornada xurdiu o 13 de novembro de 2016, durante o peche do Ano da Misericordia e cando na Basílica de San Pedro o Santo Padre celebraba o Xubileo dedicado ás persoas marxinadas. Ao finalizar a homilía, e de maneira espontánea, Francisco expresou un desexo: «quixese que hoxe fose a Xornada dos Pobres».
Nesta sexta edición, baixo o lema «Xesucristo fíxose pobre por vós», Francisco lanza un chamamento á solidariedade no medio dun mundo ferido pola violencia e a guerra. Fronte aos millóns de refuxiados dos diferentes conflitos en Oriente Medio, África Central e agora Ucraína, o Santo Padre convida a «compartir o pouco que temos con quen non teñen nada, para que ningún sufra».