4/12/2022

,

San Juan Damasceno
4/12/2022

,

San Juan Damasceno

Materiais para a catequese

Materiais para a catequese

O secretariado de Catequese de Galicia publicou os materiais para a presentación do curso 2022-2023, enmarcado baixo o lema «Entregados a unha gran vocación. A alegría de ser catequistas», co que se pretende resaltar a persoa e a misión do catequista na parroquia, á vez que se revaloriza o ensino da catequese como unha vocación de entrega xenerosa que se manifesta a través da alegría do encontro con Cristo. 

Nunha mensaxe enviada aos párrocos da diocese de Tui-Vigo, o delegado diocesano de Catequese, Gonzalo Otero, quixo transmitir a catequistas e familias «o ánimo e a ilusión de poder retomar de novo a catequese parroquial», que durante os dous últimos anos viuse marcada polas restricións sanitarias por mor da pandemia da Covid-19. Durante estes dous anos, tal e como manifestan desde a delegación, incorporáronse novos catequistas ás parroquias, para os que pretende lanzar novas «propostas por zonas de escolas de catequistas e charlas de formación das que vos iremos informando».

«E ti, pensaches en ser catequista?»

Desde a Comisión Episcopal para a Evanxelización, Catequese e Catecumenado da Conferencia Episcopal Española lanzaron a campaña «E ti, pensaches en ser catequista?», coa que «suscitar a chamada para ser catequista» a través dun vídeo que se difundiu por redes sociais. En pouco máis de dous minutos, o vídeo lembra que Xesús viviu a experiencia de ser catequista hai 2.000 anos. E que hoxe segue tendo actualidade. Unha actualidade que na Igrexa en España faise posible grazas aos case 91.000 catequistas que desempeñan unha misión insubstituíble na transmisión e profundización da fe.

Para facilitar a formación dos catequistas, a Comisión Episcopal para a Evanxelización, Catequese e Catecumenado programou un curso en liña sobre o novo directorio para a catequese. Desde o 19 de outubro de 2022 ao 8 de marzo de 2023 celebraranse nove sesións dunha hora, das 17.30 ás 18.30 h., con profesores, testemuños doutros catequistas e materiais para profundar sobre o contido do novo Directorio e traballar algúns aspectos sobre o novo estilo de catequese que propón este documento. Os interesados poden inscribirse a través da seguinte ligazón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp