O domingo 11 de xuño, solemnidade do Corpus Christi, a Igrexa celebra o Día da Caridade baixo o lema «Ti tes moito que ver. Somos oportunidade. Somos esperanza», co propósito de interpelar e convidar a tomar parte na vida social que comparten crentes e non crentes, para abrir a mente e reenfocar a mirada, para ver xuntos esoutra realidade do mundo: a de moitas persoas que non poden acceder aos mesmos dereitos, que viven en desvantaxe por moitas razóns, os que viven na tristeza, a soidade e a pobreza. Con ocasión desta celebración, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organiza a XVIII Semana da Caridade.
A Subcomisión Episcopal para a Acción Caritativa e Social da Conferencia Episcopal Española publica unha serie de materiais para preparar e celebrar esta xornada que coincide coa solemnidade do Corpus Christi. Entre os materiais, publicaron a mensaxe dos bispos españois que, «desde este misterio de amor e de esperanza que é a Eucaristía, convidamos a todos os cristiáns, e de maneira especial a cuantos traballades na acción caritativa e social, a abrir os ollos ao sufrimento dos nosos irmáns máis pobres, a escoitar os seus clamores e a deixarse tocar o corazón para ser oportunidade e esperanza para todos eles».