19 de Abril de 2025,
San León IX

Materiais para o «Día do Seminario»

Materiais para o «Día do Seminario»

Cada ano, ao redor da festa de san Xosé, a Igrexa en España celebra o «Día do Seminario» que, nesta ocasión, está previsto para o domingo 16 de marzo, baixo o lema «Sementadores de esperanza». Para axudar a profundar nesta xornada, a Subcomisión para os Seminarios da Conferencia Episcopal Española preparou distintos materiais.

Entre os recursos elaborado pódense atopar varias catequeses, unha reflexión teolóxica ou os subsidios litúrxicos para a celebración da eucaristía. Ademais, este ano preparouse por primeira vez un Viacrucis. No marco da Coresma, aprovéitase esta oración para pedir especialmente polas vocacións sacerdotais.

A reflexión teolóxica realizouna o arcebispo de Tarragona, Mons. Joan Planellas, resaltando a chamada dos sacerdotes para ser «sementadores de esperanza por medio do ministerio ordenado» e analizando algunhas das funcións sacerdotais como o ministerio profético, pastoral ou de santificación.