5 de Decembro de 2024

,

San Sabas
5 de Decembro de 2024

,

San Sabas

Matrimonio é +: Roteiro romántico para parellas

Matrimonio é +: Roteiro romántico para parellas

O venres 20 de febreiro, no marco da Semana do Matrimonio, a delegación de Pastoral Familiar organiza  un roteiro romántico pola cidade de Tui que comezará ás 21 horas no paseo da  Corredera —fronte á porta do Seminario Menor—, para gozar dun paseo cheo de sorpresas no que confraternizar con outros matrimonios católicos da diocese.

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente no correo electrónico: pfamiliar@diocesetuivigo.org

Este roteiro romántico forma parte das actividades propostas para a Semana do Matrimonio, cuxo lema «Matrimonio é +» manifesta a intención de ofrecer unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, así como para mostrar á sociedade a beleza do matrimonio.

Trátase dunha proposta a nivel nacional que puxo en marcha a Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española e que se enmarca no contexto do Ano da «Familia  Amoris  Laetitia», convocado polo papa Francisco en decembro de 2020; un ano que arrincou en marzo do pasado ano coincidindo co 5º aniversario da publicación de  Amoris  Laetitia, a  exhortación  apostólica do Santo Pai que fala da beleza do matrimonio.

Desde a delegación diocesana de Pastoral Familiar, animan a todas as parellas —xa sexa casadas ou camiño a recibir o  sacramento— a participar nas actividades propostas e tamén a descargarse a APP, para enriquecer a súa vida común mediante a oración e o testemuño doutras persoas que, ao longo dos anos, aprenderon a fortalecer a súa unión conxugal a pesar das adversidades da vida.  

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp