15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

Os medios telemáticos axudan a celebrar o día do Enfermo

Os medios telemáticos axudan a celebrar o día do Enfermo

A delegación de Pastoral da Saúde organizou unha Eucaristía no  H. Álvaro Cunqueiro e un rosario online a través de YouTube.

O pasado xoves, 11 de febreiro, festividade da nosa Señora de Lourdes, a Igrexa católica celebrou a Xornada Mundial do Enfermo. Desde a Diocese de Tui-Vigo, a través da delegación de Pastoral da Saúde, convidouse á comunidade cristiá a unirse en oración a través dos medios telemáticos.

A primeira cita tivo lugar ás 11 da mañá na capela do  H. Álvaro Cunqueiro nunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, que contou coa presenza de máis de 150 espectadores en directo e máis de 970 visualizacións a través da canle de YouTube.

Pola tarde, ás 19 horas, a segunda convocatoria consistiu no rezo do rosario preparado por diferentes congregacións relixiosas e capeláns de hospitais, desde diferentes puntos da Diocese. Actualmente o vídeo supera as 400 visualizacións.

Ambos os encontros atópanse dispoñibles na canle de YouTube da Diocese, que deixamos enlazado a continuación.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp