Cada ano a Conferencia Episcopal Española (CEE) presenta a Memoria anual de actividades da Igrexa católica en España. O documento é un estudo exhaustivo sobre a presenza da Igrexa en tódalas áreas nas que traballa, de forma que a sociedade coñeza os recursos cos que conta a Igrexa, o destino das súas aportacións económicas e a labor que realiza.
Esta iniciativa xurdiu motivada polo compromiso coa transparencia e a rendición de contas á sociedade no seu conxunto.
A Memoria explica concretamente a que fins se destina o importe que os contribuíntes destinan á Igrexa a través da casa da X na Declaración da Renta.
A Memoria de 2024 en once claves:
1. As cifras da Memoria de 2024 mostran cómo a Igrexa segue sendo, nun tempo marcado pola dificultade e a crisis, un lugar para a esperanza a través das súas obras e das súas personas.
2. Case o 10% dos bautizados (13.323) tiñan máis de 7 anos de idade.
3. Os 9.648 misioneiros españoles participan en 1.131 territorios de misión distribuidos en 133 países.
4. Os centros educativos católicos supoñen un aforro para o Estado de 5.067 millóns de euros anuais, cifra que aumenta un 30% nos últimos catro anos.
5. Entre sacerdotes, relixiosos e seglares dedícanse 48,83 millóns de horas á actividade pastoral na Igrexa.
6. 882 capelláns e 18.832 voluntarios atenden os centros hospitalarios e realizan máis de 164.000 visitas cada mes aos enfermos nas súas casas ou nos hospitais.
7. En 2024 impartiuse formación para a prevención de abusos a 224.073 persoas, a maioría de eles nenos e adolescentes.
8. Por cada euro de gasto que realiza a Igrexa, na súa misión pastoral, social e cultural, se xeneran 1,65€ na economía española.
9. O gasto da actividade da Igrexa diocesana en España é de 1.428 millóns de euros, o que supoñe 4 veces máis en relación ó aportado pola asignación tributaria.
10. O esforzo polo bo goberno e a transparencia na xestión ponse de manifesto nas Oficinas de Transparencia das dioceses, os avances nos sistemas de contabilidade e os códigos de bo goberno.
11. A Memoria foi auditada por PwC, quen garante o Aseguramento Razoable sobre a Memoria Anual de Actividades da Igrexa.
A continuación, a memoria completa de actividades da igrexa católica en España no ano 2024.