19 de Novembro de 2026,
San Abdías

Mensaxe do bispo para a Xornada Mundial do Traballo Decente

Mensaxe do bispo para a Xornada Mundial do Traballo Decente

Con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente, que a Igrexa celebra cada 7 de outubro, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, fixo público unha mensaxe no que denuncia a crecente realidade do «traballador pobre» e apela ao lema deste ano, «Ante a exclusión, traballo decente», como un golpe directo á conciencia da sociedade e da propia Igrexa.

No seu escrito, o prelado advirte de que a flexibilización do mercado está precarizando a vida e desgarrando o futuro dos fogares, afectando especialmente os mozos que encadean contratos temporais e ás mulleres migrantes dedicadas aos coidados. Así mesmo, lembrando a doutrina social da Igrexa e o rexeitamento do papa Francisco á «economía do descarte», salienta que «falar de traballo decente non é pedir un favor nin facer caridade», senón esixir salarios xustos, seguridade laboral, tempos razoables para a conciliación e o descanso, e o dereito a unha vivenda digna.

Ante esta situación, o bispo subliña que «o traballo é para a persoa, e non a persoa para o capital», e insta a pasar decididamente da exclusión á fraternidade. Para iso, fai un chamamento directo aos empresarios para que sexan audaces e exemplares buscando sempre a xustiza social; ás administracións públicas para que protexan os colectivos vulnerables, atallen a precariedade e freen a especulación; e ás comunidades parroquiais e a toda a cidadanía de boa vontade para que practiquen un consumo responsable que premie ás empresas comprometidas co ben común. «Ou apostamos decididamente pola dignidade no emprego, ou estaremos a construír unha sociedade de mentira», conclúe monseñor Antonio Valín.

 ▶ MENSAXE ÍNTEGRA DO BISPO DE TUI-VIGO CON MOTIVO DA XORNADA MUNDIAL DO TRABALLO DECENTE 👈

Actos para celebra a Xornada Mundial polo Traballo Decente

Hoxe, 7 de outubro de 2026, ás 20.30 horas, no templo parroquial do Cristo da Vitoria,  a delegación de Pastoral Obreira xunto á Irmandade Católica de Acción Católica (HOAC) organiza unha vixilia de oración.

Ao longo dos últimos días, tamén organizaron diversas celebracións litúrxicas, así como actividades de concienciación para visibilizar esta xornada que, este ano, pon o foco na crise de acceso á vivenda, que afecta especialmente as persoas traballadoras e á mocidade, e que, unida á precariedade laboral e aos baixos salarios, dificulta o desenvolvemento dun proxecto de vida autónomo.