23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo
23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo

Mensaxe do papa para a Xornada Mundial da Paz 2024

Mensaxe do papa para a Xornada Mundial da Paz 2024

O 14 de decembro, a Santa Sede publicou a mensaxe do papa Francisco para a 57 Xornada Mundial da Paz, que se celebrará o 1 de xaneiro de 2024 co lema «Intelixencia artificial e paz».

santo padre, nesta mensaxe, pide esforzos para que a intelixencia artificial «poida contribuír á resolución de conflitos e das inxustizas» e que sexa unha achega á «fraternidade humana e á paz».

Pero, tamén, fixa a súa atención sobre algúns dos riscos potenciais da intelixencia artificial (IA), como son, entre outros, a desinformación e o control social. Neste sentido, subliña a «necesidade dun desenvolvemento responsable», de regular e supervisar as tecnoloxías da IA para que estean ao servizo da familia humana e da protección da casa común.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp