10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Mesa redonda para «descubrir a vida como boa noticia»

Mesa redonda para «descubrir a vida como boa noticia»

O martes 9 de abril, ás 19 horas, nos locais parroquiais do Corazón Inmaculado de María en Vigo, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo organiza unha mesa redonda en base a catro experiencias baixo o lema «A vida, boa noticia». Trátase de celebrar a Xornada pola Vida, que este ano se trasladou ao 8 de abril.

A mesa redonda estará montada ao redor de catro testemuños para abordar a defensa da vida desde diferentes perspectivas e experiencias vitais: a teolóxica, a enfermidade, a emigración e a acollida ou adopción. Os intervenientes na exposición son Clodomiro Ogando Durán, sacerdote licenciado en Teoloxía Dogmática e Moral; profesor no Centro Teolóxico «San José» de Vigo e párroco de sete parroquias no mundo rural do Condado-Paradanta.  María Teresa Rey Barbosa, enfermeira e nutricionista en Atención Primaria; casada desde hai 22 anos e nai desde hai 15, é membro de Equipos da nosa Señora e voluntaria en Cáritas Diocesana de Tui-Vigo. Susana Pérez Galán, mestra, e Francisco J. do Riego Conde, economista son pais de 4 fillos e familia acolledora.  Nayer, contadora pública, e Carlos Nottaro, profesor de Filosodía, casados desde hai 20 anos e pais de 4 fillos, deixaron Venezuela en novembro de 2021 para vir a Vigo e, desde o ano 2022, forman parte do equipo da delegación de Migracións de Tui-Vigo.

Tras a mesa redonda, ás 20.30 horas, o bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía no templo parroquial.

«A vida, boa noticia» é o lema que se propón para a Xornada pola Vida 2024.  Na mensaxe publicada con motivo desta xornada, os bispos de España afirman que a vida «debe ser recibida e valorada e coidada, desde a súa concepción ata a súa morte natural». A vida non é «un dereito absoluto á libre disposición do criterio humano» é «un don de Deus» e este é o motivo «máis profundo» para que sexa considerada «unha boa noticia».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp