Con motivo do aniversario da canonización de santo Ignacio e san Francisco Javier, o colexio xesuíta Apóstolo Santiago de Vigo organiza unha «Semana Ignaciana». Entre as propostas destes días, promove, en colaboración co Comité de Vigo da Sociedade Dante Alighieri e o Centro Loyola, unha mesa redonda sobre o Camiño de Santiago como experiencia pastoral, o venres 14 de marzo, ás 19.00 horas, no salón de actos do colexio, para todo o público en xeral.
O acto contará coa participación do pai xesuíta, Manolo Robla, fundador, hai 40 anos, do Centro Loyola na cidade olívica e impulsor das peregrinacións a Compostela, o que lle levou a ser condecorado coa medalla de Galicia no ano 1997. Acompañarán ao pai Robla durante a mesa redonda, tres persoas de distintas idades —entre elas unha alumna de Bacharelato—, que poñerán en común a súa experiencia da peregrinación: Gloria Nieto Huertas, Sofía Cachafeiro Castro e David Viso Carrera. O programa do evento tamén inclúe a presentación do libro Eu non fago o camiño, o camiño