18 de Xaneiro de 2025,
Santa Margarita de Hungría

Migrantes da diocese peregrinan ao santuario da Franqueira

Migrantes da diocese peregrinan ao santuario da Franqueira

O domingo, 26 de maio, a delegación de Migracións da diocese de Tui-Vigo organizou unha peregrinación con persoas migrantes ao santuario da nosa Señora da Franqueira. Tras unha comida de confraternización, os peregrinos presentaron as distintas advocacións marianas de cada país ante a virxe da Franqueira. A continuación, celebrouse a eucaristía, seguida do rezo do rosario. A peregrinación concluíu cunha visita histórica ao santuario.