Acompañados por familiares e amigos, o sábado 28 de xuño, Miguel Ángel Fernandes de Andrade e Manuel Marín Cobos recibiron o primeiro grao da Orde Sacerdotal: o diaconado —no caso de Miguel con carácter transitorio, mentres que Manuel xa é diácono permanente—. A celebración, que tivo lugar na catedral de Santa María de Tui, foi presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, concelebrada por membros do presbiterio diocesano. Tamén asistiu a comunidade do Seminario Maior Interdiocesano «Santiago Apóstolo».
Durante a celebración, o prelado tudense expresou que «seguir a Xesús é entrar no camiño da entrega e do pequeno. Ninguén é máis que o mestre e o Señor Xesús pasou polo mundo facendo o ben e entregándose a todos e por todos». Así, monseñor Antonio Valín lembrou aos candidatos que «sodes chamados polo Señor ao ministerio do diaconado. Non é unha promoción social, non é formar parte dunha “casta” que vos fai diferentes no vestir, estar ou vivir. A imaxe máis fermosa que significa o voso ministerio é a de Xesús lavándolle os pés aos discípulos: esa en a que, desposuído do manto, aos pés dos seus amigos, vai lavándolles como un escravo».

Seguindo a ensinanza de Xesús durante a última cea e o lavatorio, o bispo declarou que hai que camiños que non serven no camiño cristián: «non hai lugar para o poder nin o descarte; non hai lugar para a discriminación nin para sentirse superiores; non hai lugar para quen queira sobresaír por encima dos demais… Só hai lugar para a gratitude, a acollida e proximidade, o servizo xeneroso e desinteresados. Esa é o signo identitario do Fillo de Dios e do seu corpo, a Igrexa».
Monseñor Antonio Valín agradeceu a resposta xenerosa de Manuel e Miguel, das súas familias e de «cuantos acompañáronvos no voso proceso de discernimento e formativo; grazas aos formadores e á comunidade educativa do Seminario». Finalizaba a súa intervención cun recordatorio: «non xo esquezades nunca dos pobres e de servilos. É mellor ser unha Igrexa ferida e sucia, a impoluta e fría. Sede sempre servidores alegres, fieis, de oración e entrega: pan partido, vida entregada e amor sen medida».
Tras a homilía do bispo tudense, deu comezo o rito da ordenación diaconal que comeza coas promesas, momento no que os candidatos prometen obediencia e respecto ao bispo e os seus sucesores. A continuación, Manuel e Miguel se prostraron no chan durante o rezo das ladaíñas. Concluído o canto, o bispo impuxo as mans sobre cada un dos candidatos, pronunciando a pregaria de ordenación.


Posteriormente, Miguel e Manuel foron revestidos coa estola ao estilo diaconal e coa dalmática, mostrando así a súa nova condición. Para finalizar este rito de ordenación, o bispo entregoulles o Evanxeo que, como diáconos, han de proclamar. A liturxia finalizou co abrazo do bispo aos novos diáconos.
A partir deste intre, tanto Miguel como Manuel, poden asistir ao bispo e aos presbíteros na celebración da Eucaristía e na distribución da comuñón; asistir á celebración do matrimonio e bendicilo; proclamar o Evanxeo e predicar; presidir as exequias; e entregarse aos diversos servizos da caridade.
Actualmente, a diocese conta con 172 sacerdotes incardinados —sen contar aqueles que pertencen a unha orde relixiosa, pero exercen o seu ministerio neste territorio diocesano— e 6 diáconos permanente que desenvolven a actividade pastoral e sacramental na Igrexa de Tui-Vigo.