20 de Abril de 2026,
Santa Inés de Montepulciano

Miles de vigueses disfrutan da procesión da Borriquita

Miles de vigueses disfrutan da procesión da Borriquita

O Domingo de Ramos en Vigo non é un domingo calquera. É un Domingo de familias, nervios, roupa nova, procesión, rosquillas, ramos, alegría, moita alegría. A Porta do Sol, engalanada para un día de festa, acolleu este ano unha das bendicións máis multitudinarias dos últimos tempos. No interior das igrexas de María Auxiliadora e Santiago O Maior de Vigo, bulía unha alegría desbordante que contaxiaba a todos os aí presentes. A capacidade das mesmas resultou escaso, para acompañar á imaxe tan querida por miles de vigueses como para acollela ao cabo do seu percorrido polas rúas da cidade.

Ás 11.00 horas decenas de nenos apiñados ao redor do altar de María Auxiliadora, esperaban impacientes a que o bispo Mons. Antonio Valín, comezase a Eucaristía nunha igrexa a rebordar.

Ao finalizar a Eucaristía, os asistentes dirixíronse ata os exteriores do santuario mariano, onde todo estaba preparado para comezar a Procesión.

Case unha hora despois e cun sol que cada vez quentaba máis a cidade olívica, a Procesión da Borriquita chegou ata a Porta do Sol. Aí miles de persoas cos seus ramos no alto alfombraban e tinguían de verde oliveira, a inmensa chaira onde esperaban os que desexaban recibir a bendición do noso bispo.

D. Antonio Valín desde o estrado preparado para a ocasión, contemplaba asombrado a inmensidade do “bosque de palmeiras” que se alzaba sobre a chaira viguesa. Ante tal multitude e unha algarabía inusitada, o bispo chanceou expresando que: “como entenderedes, ata alí atrás non vou chegar, pero non vos preocupedes que todo queda bendicido igual”. Unha Porta do Sol repleta, onde coincidía a celebración do Domingo de Ramos coa festa da Reconquista.

Ao concluír este momento tan especial, a Procesión continuou seguida de todos os fieis, ata a igrexa de Santiago O Maior de Vigo. Alí volvéronse a bendicir os ramos dos presentes. Ao finalizar a Bendición, o bispo de Tui-Vigo presidiu a Eucaristía neste templo vigués.

Un día único no que se entrelazan a fe e tradición, e onde todos aclamamos a chegada do Señor a Xerusalén e aos nosos corazóns, para poder acompañarlle nos días máis importantes da nosa fe: a súa Paixón, Morte e Resurrección.

Domingo de Ramos 2026 | © Diócesis Tui-Vigo
Domingo de Ramos 2026 | © Diócesis Tui-Vigo
« de 29 »