O Mércores Santo, 1 de abril de 2026, ás 12:00 hrs., o bispo de Tui-Vigo Mons. D. Antonio Valín Valdés, presidirá na catedral tudense a Misa Crismal. Esta Eucaristía, que o Bispo celebra co seu presbiterio, e dentro da que consagra o santo crisma e bendí os demais óleos, é como unha manifestación de comunión dos presbíteros co propio Bispo. Co santo crisma consagrado polo Bispo únxense os recién bautizados, os confirmados son selados, e se unxen as mans dos presbíteros, a cabeza dos Bispos así como as igrexas e os altares na súa dedicación. Co óleo dos catecúmenos, éstos se preparan e dispoñen ao Bautismo. Co óleo dos enfermos, éstos reciben alivio na súa debilidade.