Na festividade de san Pelayo, natural de Albeos e santo moi querido nesta diocese, hoxe día 26 de xuño e pola imposibilidade de podela celebrar o pasado mércores Santo, a partir das 12 horas, o bispo presidirá na catedral tudense a Misa Crismal concelebrada con numerosos sacerdotes do presbiterio diocesano, que nesa cerimonia renovan os seus compromisos sacerdotais.
A Misa Crismal, así presidida polo bispo e concelebrada cos presbíteros da Diocese, é unha celebración destinada a consagrar o santo Crisma (por iso, “misa crismal”) e tamén a bendicir os óleos ou aceites que se usarán para ungir aos enfermos e aos que se van a bautizar ou catecúmenos. O Crisma é utilizado para signar aos bautizados e aqueles que reciben o sacramento da confirmación, ungir nas mans aos que serán ordenados presbíteros, e na cabeza aos que serán consagrados bispos, así como para a dedicación dunha igrexa ou dun altar.
Esta celebración é considerada como unha das principais manifestacións da plenitude sacerdotal do bispo e é tamén signo da estreita unión dos sacerdotes con el.
Podes ler e descargar a homilía do noso Bispo pinchando eiquí – DESCARGAR
Na misa tamén se felicitou e homenaxeou aos presbíteros que este ano celebran as súas Vodas de Diamante, de Ouro e de Prata e que son, respectivamente, os seguintes:
Este ano celebran as suas Vodas de Diamante polos 60 anos de sacerdocio (1960):
- Avelino Rodríguez Fernández, profesor de Relixión e ahora párroco de Santa Marina de Cabral.
- Jesús María Fernández Rodríguez, moitos anos Consiliario de Cursillos de Cristiandad e profesor de Relixión e agora xubilado en O Porriño.
- Bienvenido Vázquez Bugarín, que foi misionero en Perú moitos anos e agora párroco emérito de Salvaterra do Miño.
- Plácido Vázquez Peña, profesor de francés, consiliario diocesano da Adoración Nocturna e párroco de San Paio de Lavadores.
- José Domínguez González, coadxutor de Santa Cristina de Lavadores e de San José Obrero, fundador da Parroquia de Santa Lucía de A Salgueira e capelán de Montecastelo.
Cumplen 50 anos de sacerdocio, Vodas de Oro (1970):
- José Manuel Mandado Pérez, ahora párroco de Sta. Eulalia de Alcabre.
- José Ramón Lera Alonso, que fue director espiritual del Seminario Mayor y ahora es párroco de S. Ignacio de Loyola y de Nosa Señora das Neves en Teis.
E celebran as suas Vodas de Plata polos 25 anos de sacerdocio (1995):
- José Vidal Novoa, que é ahora Vigairo de Pastoral da diocese, canónigo, profesor do Instituto Teológico e párroco de Soutomaior.
- Santiago Pérez Bouzada, que foi Administrador diocesano e agora párroco de San José Obrero e Santa Rita, así como de S. Juan de Avila e Santa Juana de Lestonac.
- Santiago Vega López, canónigo, director del Museo Catedralicio, Delegado diocesano de Pastoral Familiar e párroco de Nuestra Señora del Rocío.
- Gonzalo Domínguez Bargiela, agora co-parroco na Unidade Pastoral dos Cotos, que acolle entre outras as parroquias de Fornelos de Montes, Calvos, Estacas, Berducido, Traspielas, Moscos, Oitavén, Ventín, Xunqueiras y A Laxe.
- Juan Carlos Alonso Gómez, consiliario de Cáritas diocesana, profesor de relixión e párroco de Torneiros e Pontellas.
- José Ramón Portela Alonso, agora vigairo parroquial de Nuestra Señora de Fátima.
- Javier Alonso Docampo, Delegado Episcopal de Acción Caritativa y Social e párroco do santuario de A Franqueira, así como de A Lamosa e Prado de Canda.
- Iñigo Ortega Larrea, de la Prelatura del Opus Dei e que é capelán das Acacias.