17 de Agosto de 2026,
San Jacinto de Polonia

 Misa de acción de grazas polo ministerio episcopal de Mons. Luís Quinteiro

 Misa de acción de grazas polo ministerio episcopal de Mons. Luís Quinteiro

O domingo 7 de xullo, ás 18.00 horas, na catedral tudense, a diocese de Tui-Vigo convida a participar na misa de acción de grazas presidida polo bispo e administrador apostólico, Mons. Luís Quinteiro, para agradecer «os beneficios espirituais recibidos» durante os 14 anos que durou o seu episcopado.

Nunha carta enviada todos os sacerdotes, a Vigairía Xeral expresa que, a este «emotivo momento de encontro e gratitude», está convocado «todo o pobo de Dios que peregrina na diocese de Tui-Vigo: sacerdotes e diáconos, vida relixiosa e consagrada, axentes de pastoral, persoas pertencentes a  movementos e, en definitiva, todo o pobo fiel que pon rostros a esta Igrexa». Ademais, tamén convida os fieis a seguir acompañando «a D. Luís Quinteiro, xa bispo emérito, co noso afecto e oración e pedimos á santísima virxe María e a santo Telmo que o continúen asistindo no servizo á súa Igrexa e á nosa diocese».

O 25 de maio, a Nunciatura Apostólica en España deu a coñecer o nomeamento do que será o novo bispo de Tui-Vigo: o sacerdote ribadense, D. Antonio Valín Valdés, ata ese momento vicario xeneral da diocese de Mondoñedo-Ferrol.  A ordenación episcopal e toma de posesión está prevista para o sábado 20 de xullo, ás 11.00 horas, na catedral de Tui. Durante este tempo, o papa Francisco designou a Mons. Luís Quinteiro, administrador apostólico de Tui-Vigo.