16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

Misa “do galo” na parroquia do Sagrado Corazón presidida polo bispo

Misa “do galo” na parroquia do Sagrado Corazón presidida polo bispo

A medianoite do 24 de decembro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín presidirá a misa “do galo” no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo. Ao día seguinte, mércores 25, o prelado celebrará a festa do Nadal na catedral de Santa María de Tui, ás 10.00 horas, e na concatedral-basílica en Vigo, ás 19.00 horas.

Debido á hora tardía na que se ha de celebrar a misa “do galo”, son poucas as parroquias que celebrar a liturxia á medianoite. En Vigo, a parroquia do Inmaculado Corazón de María celebrará esta misa, do mesmo xeito que a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.   

Cando en liturxia falamos de “formulario” refírese o conxunto das oracións e das lecturas que se utilizan nunha determinada celebración. O Nadal ten unha característica peculiar: ten catro formularios distintos. Por orde cronolóxica, son o de a misa da vixilia, que se utiliza na tarde do 24 de decembro, coa que “oficialmente” comeza o tempo de Nadal; a misa da medianoite, chamada popularmente “misa do galo”; a da aurora, que se celebraría ao amencer, e a do día, celebrada durante todo o día 25.

A misa de medianoite ou misa “do galo” é sen dúbida a máis popular e entrañable das catro. Recibe este peculiar nome porque se celebra a medianoite, co canto nocturno do galo. Está vinculada á reliquia do presebe que se conserva na basílica de Santa María a Maior de Roma, e a súa orixe é antiguísimo, remontándose probablemente ao papa Sixto III no s. V.