25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

A Misión do Silencio busca colaboración

A Misión do Silencio busca colaboración

O comedor social a Misión do Silencio —pertencente ás irmás Misioneiras do Silencio, situadas na rúa Urzaiz— busca colaboradores para afrontar as novas necesidades xurdidas a partir da pandemia mundial do coronavirus. Para iso, puxeron ao dispor do público un número de conta a través do cal realizar donativos.

Ante as medidas de hixiene e seguridade estipuladas para facer fronte á pandemia, a Misión do Silencio está a desenvolver un plan para unha óptima adecuación dos seus locais que permita mellorar a entrega de comida aos usuarios do comedor. Actualmente, as reformas están a levarse a cabo nas zonas da cociña, almacéns e comedor, seguindo a normativa estipulada pola Xunta de Galicia.

Nestas circunstancias e nestas datas do Nadal, as Misioneiras do Silencio serven entre 90 e 100 comidas diarias grazas á colaboración de tres voluntarios externos —que suman forzas coas catro misioneiras da casa— que posibilitan que este servizo continuei en activo desde as 12:30 ata as 13:30 de luns a venres.

Aquelas persoas que queiran contribuír economicamente co labor do comedor a Misión do Silencio poden facelo a través do seguinte número de conta bancaria: ES24 2080 5100 1330 0003 0632. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp