O martes 4 de abril, véspera da celebración da Misa Crismal na catedral de Tui, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, visitou os estudos de COPE Vigo para falar da Semana Santa na cidade olívica: «A semana Santa é un momento moi importante da vida cristiá e do pobo cristián. En todas as cidades hai manifestacións marabillosas e, en Vigo, tamén. Comezamos o Domingo de Ramos, coa procesión que aquí chamamos da Borriquita, na que houbo unha presenza espectacular de nenos, pais, avós».
Nese marco da Semana Santa, o bispo de Tui-Vigo lembrou a importancia de vivir a cita máis importante do calendario cristián en comunidade, porque «a vida mesma sen os demais non enténdese». Neste sentido, manifestou que «a fe é compartila e vivila cos demais; é a fe da Igrexa e, por eso, a Igrexa ten tanta importancia. Non vivimos a fe á nosa maneira, senón como nos convoca a Igrexa».
Ademais, da Semana Santa, a Mons. Luís Quinteiro preguntáronlle polo recente nomeamento do novo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, que cualificou como «unha gran alegría para toda a Igrexa de Galicia, ter a unha persoa nova, madura, moi preparada, con ilusión», pero ao mesmo tempo, manifestou Mons. Luís Quinteiro, «é unha persoa que coñece a nosa realidade porque naceu nunha familia como a nosa que coñece a nosa maneira de ser».