18 de Novembro de 2026,
Dedicación de las Basílicas de los Apóstoles San Pedro y San Pablo

Mónica Villar, psicóloga: «O sufrimento non discrimina por ter fe»

Mónica Villar, psicóloga: «O sufrimento non discrimina por ter fe»

Que provoca que un adolescente pense que non merece a pena vivir? Como podemos detectalos nos ámbitos eclesiais? Pode a fe axudar a comprender que, no medio das dificultades, merece a pena vivir? Estas e outras preguntas respóndeas Mónica Villar, psicóloga da Unidade de Psiquiatría e Psicoloxía Infanto-xuvenil do hospital Ribera Povisa e membro da Comisión Abeiro da diocese de Tui-Vigo.

Este venres, 23 de outubro, ás 13.33 horas, emitiuse un fragmento desta entrevista no programa de COPE Vigo: «O espello de Tui-Vigo».

A delegación de Medios de Comunicación de Tui-Vigo é a encargada da programación relixiosa local na cadea COPE:  O espello de Tui-Vigo e Iglesia Noticia. Cada semana, poderase seguir en directo a través do dial 87.8 FM ou na web de COPE.

  • O espello de Tui-Vigo | Venres, ás 13.33 horas
  • Iglesia Noticia Tui-Vigo | Domingos, ás 09.45 horas

Ambos os programas poderanse escoitar tamén en diferido a través da web da cadea COPE Vigo.