9 de Agosto de 2026,
Santa Teresa Benedicta de la Cruz

Mons. Antonio Valín convida a ser unha «barca aberta a todos» no Día das Xentes do Mar

Mons. Antonio Valín convida a ser unha «barca aberta a todos» no Día das Xentes do Mar

Con motivo do Día das Xentes do Mar, que a Igrexa celebra cada 16 de xullo coincidindo coa festividade da virxe do Carme, o bispo de Tui-Vigo e promotor do Apostolado do Mar en España, monseñor Antonio Valín, fixo público unha mensaxe no que anima a toda a comunidade cristiá a mirar con proximidade e gratitude a quen vive e traballan vinculados o mar. Baixo o lema deste ano, «María, nai mariñeira, fai de nós unha barca aberta a todos», o prelado presenta á Virxe como signo de esperanza e de protección para as persoas do ámbito marítimo.

Por iso, subliña: «sexamos todos e todas barca aberta, dispoñible, acolledora, próxima a toda persoa. Ter un corazón comprometido que non quede na mirada, que dea un paso adiante, que se implique de verdade».

Neste sentido, na mensaxe lembra ao papa Francisco cando afirmaba que estamos chamados a ser «unha Igrexa en saída, centrada na persoa por encima da lóxica puramente económica ou loxística, e presente nas periferias humanas». É a Igrexa que sae ao encontro achegándose ás fronteiras, tamén ás invisibles fronteiras do mar. E é a Igrexa que nos lembra que o importante son as persoas, todas, as que traballan no mar e as que quedan en terra.

O bispo promotor constata que hai moito retos no mundo do mar. Segundo a FAO, máis de mil millóns de persoas dependen do peixe como fonte principal de proteínas. « Sabemos que o gran reto non é só técnico ou económico; o gran reto é humano. Porque non basta con barcos máis seguros ou rutas máis eficientes se non coidamos ás persoas que fan posible todo iso», explica no texto.