11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio
11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio

Mons. Antonio Valín preside a misa solemne en honra ao Cristo da Vitoria

Mons. Antonio Valín preside a misa solemne en honra ao Cristo da Vitoria
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, preside la eucaristía solemne en honor al Cristo de la Victoria | © Cofradía del Santísimo Cristo de la Victoria

Hoxe, 4 de agosto, ás 11.00 horas, o recentemente ordenado bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, presidiu, por primeira vez, a misa solemne en honra ao Cristo da Vitoria na concatedral-basílica de Santa María de Vigo. Durante a súa intervención, o prelado destacou que, para os cristiáns, «a experiencia da cruz sempre é dura, difícil de asumir, mesmo de ver; pero tamén é certo que, no silencio da nosa vida e oración, sentímonos fascinados e interpelados porque nela vemos a proximidade de Deus, a súa tenrura, a súa solidariedade co ser humano, a súa palabra elocuente e silenciosa de amor».

Nesta festa en honra ao Cristo da Vitoria, o bispo lembrou que «cando miramos á cruz e ao Crucificado atopamos o amor de Deus a cada persoa por medio de Cristo. Di o Señor, ninguén ten amor máis grande que quen dá a súa vida polos amigos. Somos os seus amigos; El é o noso amigo». Por iso, «esta festa de hoxe, axúdanos a tomar conciencia na propia vida do amor de Deus Pai que non dubidou en enviarnos a Cristo, o seu Fillo, que despoxado do seu esplendor divino, sendo semellante a nós, deu a súa vida na cruz por cada ser humano, crente ou incrédulo».

Mons. Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo, finalizaba a súa homilía proclamando ao Santísimo Cristo da Vitoria «Señor de la historia y de nuestras vidas. Acogemos tu amor entregado y derramado, tu solidaridad y cercanía. Ponemos nuestras cicatrices en ti, y nos sentimos urgidos a manifestar en lo concreto y con todos, la fuerza que viene de tu entrega y la esperanza de que sólo el amor cambiará el mundo. Mirándote encontramos la salvación, el alivio de nuestros pesares y el compromiso transformador porque sabemos que somos amados. Tú eres, nuestra esperanza, ahora y siempre».

Tras levar a cabo onte o descendemento da imaxe do Cristo, hoxe, ás  19.30 horas, dará comezo a procesión polas principais rúas da cidade olívica, que será retransmitida, en directo, a través da TVG e que pon o broche de ouro a estas festas en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria. Nesta ocasión, coincidindo co segundo centenario de servizo do corpo de Policía Nacional, Ramiro José García, comisario da Policía Nacional de Vigo-Redondela, portará o estandarte da confraría do Santísimo Cristo durante a procesión. Ademais, tamén participarán os grupos de baile da Agrupación dos Centros Culturais e Deportivos de Vigo, acompañados pola banda de música Unión Musical de Coruxo . Ao finalizar a procesión, corais de ACOPOVI cantarán ao Cristo en Porta do Sol.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp