A diocese de Tui-Vigo celebrou a festa do Corpus Christi dobremente na cidade tudense e na cidade olívica coa misa solemne presidida polo bispo Mons. Luís Quinteiro Fiuza. Ao termino destas celebracións, debido ás restricións sanitarias e seguindo as recomendacións da vigairía de Pastoral, este ano quedaron suspendidas as tradicionais procesións polas rúas.
En ambas as celebracións, o bispo de Tui-Vigo lembrou aos congregados a importancia da Eucaristía afirmando así que “a Igrexa necesita renovarse na Eucaristía”, tal e como declararon, en primeiro, o papa san Xoán Paulo II na súa carta apostólica Tertio milenio adveniente e Benedictto XVI coa publicación da carta encíclica Deus caritas est. Neste sentido, o pastor da Igrexa diocesana ha expresado que “vivir a Eucaristía é un compromiso permanente para a renovación da vida, para construír un mundo xuntos, para romper divisións, acabar coas inxustizas e establecer diálogos”.
Nesta festa do Corpo e o Sangue de Cristo, rememórase que Cristo está presente verdadeira, real e substancialmente no pan e o viño consagrado; unha presenza que se prolonga fóra da misa no sagrario. Neste día tamén celebra a Igrexa o “día da Caridade”, por iso os bispos responsables de Acción Caritativa e Social da CEE, na súa mensaxe para esta xornada, lembran que “ao adorar ao Señor no Pan Eucarístico, penetrámonos no dinamismo do gozo, a alegría e a esperanza” que necesitan tantos esquecidos e marxinados no noso mundo”.