4/12/2022

,

San Juan Damasceno
4/12/2022

,

San Juan Damasceno

Mons. Luís Quinteiro: «A máis extraordinaria riqueza da nosa diocese é a vida e o testemuño dos nosos fieis cristiáns»

Mons. Luís Quinteiro: «A máis extraordinaria riqueza da nosa diocese é a vida e o testemuño dos nosos fieis cristiáns»
Foto: Mons. Luis Quinteiro Fiuza, obispo de Tui-Vigo

Con motivo do Día da Igrexa Diocesana, que a Conferencia Episcopal Española convoca o domingo 6 de novembro baixo o lema «Grazas por tanto», o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, publicou unha mensaxe no que manifesta que «a máis extraordinaria riqueza da nosa diocese é a vida e o testemuño dos nosos fieis cristiáns».

Ao longo da súa mensaxe, Mons. Luís Quinteiro convida a todos os fieis a percorrer coa memoria «a vida das parroquias que coñecedes. Normalmente atoparédesvos cunhas igrexas valiosas, adecuadamente renovadas, case sempre cun coidado interior admirable. Nesas igrexas hai vida, sobre todo en determinados días e datas do ano, celébranse a eucaristía e os demais sacramentos e ao redor delas nosos catequistas realizan a gran misión da evanxelización».

Mediante este Día da Igrexa Diocesana, tal e como expresa o prelado de Tui-Vigo, a Iglesia agradece o labor de miles de persoas que, sendo a maior riqueza da diocese, sosteñen a Igrexa coa súa oración, o seu tempo ou a súa achega económica. Por iso, nunha cita como esta, a diocese de Tui-Vigo dá conta do seu traballo, pero tamén «chamamos ás vosas portas para que nos axudedes a soster a vida da Igrexa. Facémolo coa humildade do que vos necesita e coa gratitude do que sempre vos tivo preto».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp