15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

Mons. Luís Quinteiro agradece o compromiso e entrega da vida consagrada de Tui-Vigo

Mons. Luís Quinteiro agradece o compromiso e entrega da vida consagrada de Tui-Vigo
Foto: Celebración diocesana de la Jornada Mundial de la Vida Consagrada (2023)

Con motivo da Xornada da Vida Consagrada, que a Igrexa celebra cada ano coincidindo coa festa da presentación do Señor, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, publicou unha mensaxe no que agradece a consagrados e consagradas, «a entrega e o compromiso con esta diocese que é a vosa casa.  Especialmente recordo e pido ao Señor polos relixiosos e relixiosas maiores que nos abriron camiños de esperanza e loitaron sen desfalecer o bo combate da fe».

O prelado tudense destaca que a Xornada da Vida Consagrada é «unha celebración importante na nosa Diocese porque os consagrados e as consagradas entregaron a súa vida sempre, e seguen facéndoo hoxe, para manter en pé a nosa fidelidade a Cristo e para levar a cabo o compromiso eclesial con todos os homes e mulleres, especialmente, cos máis pobres».

O venres 2 de febreiro, ás 20 horas, no templo parroquial de Santo Antonio da Florida, o bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía con motivo desta Xornada Mundial da Vida Consagrada, en acción de grazas polas 56 comunidades de vida consagradas presentes no territorio diocesano.

«Aquí estou, Señor, fágase a túa vontade»

O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, escribiu unha mensaxe con motivo da Xornada Mundial da Vida Consagrada que a Igrexa celebra coincidindo coa festa da presentación do Señor.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp