20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Mons. Luís Quinteiro: «As inquietudes relixiosas de José Bar Boo marcaron este templo»

Mons. Luís Quinteiro: «As inquietudes relixiosas de José Bar Boo marcaron este templo»
Foto: Eucaristía en el templo parroquial de Nosa Señora das Neves en Teis en sufragio por su arquitecto, José Bar Booo | © Marta G. Brea

«As inquietudes relixiosas de José Bar Boo, así como a súa formación nese ámbito, marcaron a construción do templo de Teis» así se expresou Mons. Luís Quinteiro, bispo de Tui-Vigo, durante a eucaristía presidida no templo parroquial de Nosa Señora das Neves, o luns, 10 de outubro de 2022, para conmemorar o LI aniversario da dedicación do templo e o centenario do nacemento de José Bar Boo, arquitecto responsable da construción da igrexa.

O bispo de Tui-Vigo explicou que, neste templo parroquial da nosa Señora das Neves de Teis, créase «un elemento novo: a proximidade dos fieis ao altar, ao lugar onde se celebra o misterio. Por tanto, José Bar Boo fai unha reflexión acerca desta cuestión», nun momento no que aínda non terminou o Concilio Vaticano II que, posteriormente, afirmará a necesidade de achegar ao pobo a celebración do misterio. Mons. Luís Quinteiro manifestou que, á vez que se achega a celebración aos fieis, a liturxia mantense indisoluble, é dicir, a obra de Bar Boo «contén unha profunda clave de que o misterio é único, por iso achégao aos fieis, pero non o confunde. Por tanto, queda de manifesto unha nova concepción da liturxia na que a asemblea, o pobo, e o presbiterio achéganse».

Terminada a celebración, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto ao prelado tudense, descubriron a placa conmemorativa creada con motivo do centenario do nacemento do arquitecto do templo parroquial José Bar Boo. Acto seguido, o arquitecto Jaime Blanco impartiu a conferencia «Igrexa parroquial de Nosa Señora dás Neves. Funcións culturais na obra de Xosé Bar Boo», na que debullou a simboloxía inserida en cada un dos elementos arquitectónicos do templo.

Homenaje a José Bar Boo | © Diocese de Tui-Vigo
El arquitecto Jaime Blanco impartió la ponencia «Iglesia parroquial de Nosa Señora das Neves. Funciones culturales en la obra de Xosé Bar Boo»
« de 23 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp