20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Mons. Luís Quinteiro participará no “Foro do Camiño Portugués” en Tui

Mons. Luís Quinteiro participará no “Foro do Camiño Portugués” en Tui
Foto: Cartel informativo creado por el Concello de Tui.

O vindeiro martes, 21 de setembro, ás 19 horas o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, participará no Foro  do  Camiño Portugués, unha iniciativa do concello de Tui que se desenvolve desde o pasado mes de abril.

A conferencia levará a cabo na Aula Cemit (Edificio “Francisco Sánchez — antiga Área Panorámica,  rúa  Colón, 2 primeiro piso, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir en  streaming a través da web do  Concello de Tui: www.tui.gal. Debido á situación sanitaria, o aforo estará limitado e para asistir  presencialmente será necesario realizar unha inscrición previa —por rigorosa orde de chegada— a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

Pola súa traxectoria académica e pastoral,  Mons. Luís Quinteiro posúe un amplo coñecemento da realidade e a vitalidade do Camiño de Santiago que enriquecerá as visións ofertadas ata este momento desde o Foro  do  Camiño, mostrando así as múltiples facetas do fenómeno da peregrinación xacobea con especial referencia ao Camiño Portugués.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp