4/12/2022

,

San Juan Damasceno
4/12/2022

,

San Juan Damasceno

Mons. Luís Quinteiro: «Sodes unha enorme graza para a nosa revitalización»

Mons. Luís Quinteiro: «Sodes unha enorme graza para a nosa revitalización»
Foto: Un grupo de migrantes de la diócesis de Tui-Vigo junto al obispo Mons. Luis Quinteiro | © Diocese de Tui-Vigo

«A nosa Igrexa é consciente de que sodes unha enorme graza para a nosa revitalización», así se expresou o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro na eucaristía que presidiu, o domingo 25 de setembro, no templo parroquial de Santo Tomei de Freixeiro, con motivo da 108º Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado que a Igrexa celebrou baixo o lema «Construír un futuro cos migrantes e os refuxiados».

Ao fío do lema deste ano, Mons. Luís Quinteiro lembrou que «hoxe, os migrantes sodes unha graza de Deus que nos axuda a cambiar, a ser máis humanos, a ter entrañas de misericordia, a estar preto dos que nos necesitan. Sodes unha riqueza para nós en todos os sentidos, pero, en especial, no ámbito espiritual». Así, o prelado de Tui-Vigo agradeceu a presenza de todas as persoas migrantes e refuxiadas, á vez que lanzaba unha petición a todas as parroquias da diocese para que «se abran» á acollida e compartan esta graza porque, en palabras do bispo, «é importante queridos irmáns e irmás inmigrantes que vos sintades en casa. Esta é a vosa casa».

No momento das ofrendas, a comunidade migrante da diocese puxo ante o altar, xunto ao pan e o viño, diversas bandeiras, como símbolo da súa orixe e identidade; flores, como símbolo da creación, da casa común, que se contempla e preserva; e unha cesta con froitas e verduras naturais dos países dos diferentes membros da comunidade migrante, como símbolo do traballo, o esforzo e a dedicación.

Á eucaristía tamén asistiron algunhas persoas ucraínas católicas e da comunidade ortodoxa presente na nosa diocese que participaron da celebración co rezo do pai o noso en ucraíno.

Tras a celebración da eucaristía, as familias e persoas migrantes que así o desexaron acudiron ás instalacións do colexio Xesuitinas-Miralba, para compartir un momento de confraternización, con música e xogos para os máis pequenos. 

Jornada Mundial del Migrante y del Refugiado 2022 | © Diocese Tui-Vigo
Mons. Luis Quinteiro Fiuza, obispo de Tui-Vigo, presidió la eucaristía en el templo parroquial de Santo Tomé de Freixeiro.
« de 48 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp