3/07/2022

,

Santo Tomás
3/07/2022

,

Santo Tomás

Mons. Luís Quinteiro: “Xesús segue morrendo no mundo”

Mons. Luís Quinteiro: “Xesús segue morrendo no mundo”
Foto: El obispo saluda a los asistentes a la procesión al final del recorrido ante la iglesia de Santiago el Mayor.

Onte, Domingo de Ramos, o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidiu a eucaristía no templo parroquial de María Auxiliadora seguida da procesión que percorreu as rúas da cidade viguesa desde a Rolda de Don Bosco ata a igrexa de Santiago o Maior de Vigo, cunha parada na Praza da Farola para a bendición dos ramos. Durante a celebración  eucarística, o bispo tudense manifestou que “hoxe tamén vemos como a cruz de Xesucristo está presente na nosa historia: nos enfermos, nos necesitados, nos pobres, nos que están a enfrontar unha guerra terrible como en Ucraína e en tantos lugares do mundo. A cruz de Cristo segue real no mundo Xesús segue morrendo no mundo”.

A diocese de Tui-Vigo celebrou o Domingo de Ramos volvendo ás rúas. Ademais do percorrido levado a cabo polo centro da cidade olívica, moitas outras parroquias da diocese  procesionaron as súas imaxes previamente á celebración da misa de Ramos como é o caso da nosa Señora do Rocío en Vigo, San  Cristovo de Candeán ou San Benito de Gondomar, por destacar só algunhas entre as 276 parroquias do territorio eclesial da diocese. En Tui, onde se atopa a sede episcopal, a bendición levou a cabo na Praza de San Fernando, seguida da misa e a posterior procesión coa imaxe. 

Ao longo dos próximos días, continuarán as procesións tras a celebración dos diferentes actos de culto desta semana Santa. Os horarios e percorridos poden consultarse a través das seguintes ligazóns: no caso de Vigo e no da cidade de Tui. Para coñecer os horarios de culto do resto de parroquias, recomendamos poñerse en contacto co párroco en cuestión.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp