Acción Católica Xeral de Tui-Vigo organiza un encontro de confraternización con movementos e asociacións da diocese de Tui-Vigo, para festexar o Advento e a proximidade do Nadal. O martes, 17 de decembro, a as 18:00 horas, o templo parroquial de San Xosé Obreiro e Santa Rita acollerá a eucaristía que presidirá o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín.
Unha vez finalizada a parte litúrxica, haberá un intre de convivencia e confraternización para felicitarse o Nadal nos locais do edificio situado na rúa Vázquez Varela, contiguo ao templo parroquial. A este encontro celebrativo, están convidados todos os movementos e asociacións laicais, así como as delegacións diocesanas que teñan, ou non, as súas oficinas no edificio de Vázquez Varela, onde terá lugar o ágape.