Do 29 de xullo ao 1 de agosto, máis dunha decena de mozos e mozas a partir de 14 anos de diferentes parroquias da diocese de Tui-Vigo peregrinaron ao santuario da nosa Señora de Covadonga, en Asturias. Ademais de visitar o fogar da Santina, o itinerario incluíu unha visita a Oviedo e un descenso polo río Sela, porque «diversión e fe son dúas actividades que non están rifadas», explican desde a delegación.
Todos os veráns, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo organiza unha viaxe ou convivencia, co obxectivo de ofrecer a mocidade unha oportunidade para crecer na fe nun ambiente de fraternidade, durante a época estival: en 2021, fixeran o Camiño de Santiago e organizaran un campo Pedras Viva en Tui; en 2022, asistiron como voluntarios á Peregrinación Europea da Mocidade (PEJ) en Santiago de Compostela; e, o pasado 2023, participaron na Xornada Mundial da Mocidade (JMJ), en Lisboa.