12 de Abril de 2026,
San Julio I

Mozos e mozas da diocese participaron na Xornada de Pastoral Xuvenil de Galicia

Mozos e mozas da diocese participaron na Xornada de Pastoral Xuvenil de Galicia
FOTO.- Participantes de las cinco diócesis de Galicia en la Jornada Interdiocesana de Pastoral Juvenil | © Diócesis de Lugo

Unha quincena de mozos e mozas da diocese de Tui-Vigo asistiron, o pasado 18 de outubro, á Xornada Interdiocesana de Pastoral Xuvenil que organizaron as delegacións das cinco dioceses galegas en Lugo para ofrecer un espazo de encontro entre mozos de toda a comunidade autónoma.

Durante a mañá, os asistentes puideron revivir a experiencia do Xubileu da Mocidade que tivo lugar en Roma durante o pasado mes de agosto. As delegacións galegas propuxeron un espazo de diálogo coa mocidade, seguindo o exemplo do papa León XIV quen, durante a vixilia de oración en Tor Vergata, respondeu as preguntas sobre a amizade, o valor de decidir e a chamada ao ben que mozos e mozas de diferentes partes do mundo expuxeron ao santo padre.

Pola tarde, os participantes realizaron un percorrido polas parroquias de Santiago a Nova, San Froilán e San Pedro, no que se darán a coñecer tres testemuños vocacionais sobre o matrimonio, o sacerdocio e a vida consagrada. Rosalía Pino e Jesús Giráldez, matrimonio da diocese de Tui-Vigo, foron os encargados de compartiron a súa experiencia como parella sacramentada.

O encontro finalizou ás 18.00 horas con a eucaristía presidida polo bispo de Lugo, monseñor Alfonso Rouco Carrasco, no templo catedralicio.

Cada ano, as delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia organizan esta xornada non só para que os mozos poidan intercambiar experiencias e compartir a súa fe, senón para enriquecer a pastoral diocesana. Sumándose a esta iniciativa, a delegación de Tui-Vigo quere axudar aos mozos para crer na identificación, pertenza e corresponsabilidade eclesial, tanto no ámbito diocesano como interdiocesano.