Este pasado sábado iniciaba a presentación dos novos volumes III e IV da serie Música na Catedral de Tui. O concerto que deu comezo ás oito da tarde na catedral e contou cunha vintena de asistentes entre os que se atopaba o noso bispo, don Luís Quinteiro.
Este é o primeiro concerto dun grupo de actuacións que percorrerán parte da xeografía galega para a presentación destas novas melodías que forman parte do patrimonio musical da catedral.
Proximamente, a catedral acollerá un novo evento, esta vez, a cargo do coro compostelán Vox Stellae, dirixiu por Luís Martínez. A agrupación encargarase de revivir a música contida no volume IV da serie. Será o sábado 12 de setembro ás oito da tarde.
Para os que non poidan asistir a esta cita, poderán gozar do coro Vox Stellae o domingo 27 de setembro ás sete da tarde na igrexa mosteiro de Santa María de Oia.
Iñaki Barturen: “Grazas ao señor bispo pola súa preocupación polo mundo da cultura”
Baixo un intenso cheiro a flores frescas, coa presenza do señor bispo da diocese monseñor Luís Quinteiro e coa atenta mirada da Virxe María na súa Ascensión aos ceos, celebrouse o sábado 5 de setembro na catedral de Tui – Vigo un concerto de órgano, presentación do “Libro de órgano dá catedral de Tui” do século XVIII. Este manuscrito, que se conserva no arquivo capitular da catedral de Tui, consta de 43 folios e 10 pentagramas non hai noticias do autor por iso debemos de agradecer ao cóengo arquiveiro don Avelino Bouzón toda a información que facilitou para facer o libro e o permiso da súa publicación (a magnífica edición do libro debémoslla a Joám Trillo).
O concerto foi interpretado polo organista Joaquín Barreira axudado no cambio de rexistros etcétera polo tamén organista santiagués David Maceira.
Durante o concertó, o mestre Barreira foi presentando as pezas o cal é moi de agradecer porque o público que asiste a estes eventos gusta de estar informado do que escoita, da orixe e as súas peculiaridades, cousa que o mestre fixo con gran profesionalidade e paciencia para que fose entendido por todos.
Resalto aquí a alegría do mestre Barreira, compartida con todos os asistentes, de escoitar as melodías que se crearon en Tui no século XVIII e que, no século XXI, soaron de novo neste marabilloso instrumento da catedral.
Só nos queda agradecer á diocese e en particular ao señor bispo a súa preocupación polo mundo da cultura en xeral e, en particular, polo mundo da música creada nesta diocese. Esperámosvos no próximo concerto.
Iñaki Barturen, asistente ao concerto.