25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

«Música no Claustro» é unha das propostas seleccionadas no programa profesional da CULTURGAL

«Música no Claustro» é unha das propostas seleccionadas no programa profesional da CULTURGAL
Foto: Participantes en el proyecto RESONANCIAS del año 2022, en el claustro de la catedral de Tui

A 15ª edición da CULTURGAL terá lugar esta semana no Pazo da Cultura de Pontevedra. O foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS impulsado polo festival Música no Claustro, coa colaboración da Fundación Pública Artesanía de Galicia, é unha das propostas seleccionadas no programa profesional da feira.

 Será o sábado 26 de novembro, ás 20h30, cita na que a luthier Ana Fariña compartirá as características deste oficio artesán xunto aos organizadores de RESONANCIAS, Beatriz Fontán e Samuel Diz, quenes farán un balance das dúas edicións celebradas que supuxeron o impulso na creación da Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais LABRA e o gromo de colaboracións intersectoriais coa Axencia Galega da Industria Forestal–XERA ou Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia–CIS Madeira nun compromiso pola sustentabilidade e o emprego de madeiras locais na construción de instrumentos musicais. Na pasada edición do foro, nun diálogo directo coa institución anfitrioa, presentouse o estudo e restauración do óboe barroco da Catedral de Tui e, nun compromiso activo, RESONANCIAS puxo a atención e visibilidade no traballo das mulleres artesás nos obradoiros de luthería.

 Nas dúas edicións celebradas de RESONANCIAS (2021 e 2022) teñen participado máis de 50 luthieres e profesionais de diversos ámbitos como a enxeñaría, a historia da arte, a xestión cultural ou a conservación de coleccións museísticas, coa participación de institucións como o Museo de Pontevedra, o Gremio de Luthiers e Arqueiros de España GLAE, a Asociación Instrumenta, o Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo ou a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp