O festival Música no Claustro convoca RESONANCIAS 23, a terceira edición do foro profesional de instrumentos musicais con sede na Catedral de Tui o mércores 2 e xoves 3 de agosto de 2023.
RESONANCIAS 23 é unha iniciativa da Fundación Pública Artesanía de Galicia comisariada por Samuel Diz, co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal, xunto a colaboración do Cabido Catedralicio, da Dirección Xeral de Cultural da Xunta de Galicia e da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui.
Esta iniciativa conta coa participación da Asociación Galega de Artesáns, a Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais (LABRA), a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugo Madera), a Comunidade de Montes de Couso (Gondomar), a Federación de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA), o Museo de Pontevedra e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.
Destinatarios
- Profesionais dos oficios artesanais, deseño e construción de instrumentos musicais.
- Empresas da industria musical, do sector da madeira e proxectos de emprendemento no ámbito do comercio e marketing dixital.
- Artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión cultural e conservación de coleccións e institucións museísticas.
- Estudantes e profesorado de artes e oficios, musicoloxía, etnomusicoloxía, historia da arte ou xestión do patrimonio cultural.
- Estudantes e profesionais de disciplinas técnicas de enxeñería vencelladas á madeira ou deseño industrial.
Inscrición
Inscrición a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia
- Prezo xeral: 40 €
- Prezo reducido para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia: 20 €
Número de prazas: 50 persoas
* No FORMULARIO DE INSCRICIÓN indicar en observacións tres persoas por orde de preferencia para a actividade “Unha reunión con…”
* A inscrición inclúe a participación en todas as actividades programadas, así como o café de benvida, o refresco de tarde e praza de autobús para a visita profesional. En contra, os xantares e ceas corren por conta propia de cada participante [actualización 13 de xullo]
Para calquera consulta sobre o desenvolvemento do foro ou suxestións de aloxamento en Tui: contacto@musicanoclaustro.com.