A Diocese de Tui-Vigo, a través da Vigairía de Pastoral e a Delegación de Liturxia, desenvolveu unha serie de materiais para as celebracións de Advento grazas ao prefecto de música da Catedral de Tui, Daniel Goberna, quen musicalizou as antífonas dos salmos en galego deste tempo litúrxico —Ciclo B, ano impar—.
Polo momento, a Diocese só conta con material para as catro semanas de Advento, que inclúe tamén a musicalización do salmo para a solemnidade da Inmaculada Concepción. Proximamente, espérase desenvolver novos materiais para o día de Nadal.
As persoas interesadas poden descargar os audios das antífonas, xunto coas partituras.