18 de Xuño de 2026,
Santos Marcos y Marcelino

Na festa de Corpus, a ANE e a ANFE organizan unha vixilia de oración

Na festa de Corpus, a ANE e a ANFE organizan unha vixilia de oración

Con motivo da solemnidade litúrxica do Corpo e o Sangue de Cristo, o sábado 6 de xuño, a as 22.00 horasa Adoración Nocturna Española (ANE) e a Adoración Nocturna Feminina Española (ANFE) da diocese de Tui-Vigo organiza unha vixilia de oración presidida polo bispo tudense, monseñor Antonio Valín, no templo parroquial de Santiago o Maior en Vigo. Ao día seguinte, ANE e ANFE participarán na procesión de Corpus que percorrerá as rúas da cidade olívica, tras a eucaristía celebrada na concatedral-basílica de Santa María ás 20.00 horas

O domingo 7 de xuño, a Igrexa celebra a solemnidade de Corpus Christi, é dicir segundo a doutrina católica a festa da presenza real do Corpo e o Sangue de Cristo na eucaristía; unha presenza que se prolonga fóra da misa no sagrario. Neste día, a Igrexa tamén celebra o «Día da Caridade».