Con motivo da solemnidade litúrxica do Corpo e o Sangue de Cristo, o sábado 21 de xuño, ás 22.00 horas, a Adoración Nocturna Española (ANE) da diocese de Tui-Vigo organiza unha vixilia de oración presidida polo bispo Tudense, monseñor Antonio Valín, no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo. A ANE convida a todos os fieis a participar e a «compartir connosco este evento tan especial de amor cara ao noso Deus».
Con máis de 125 anos de presenza no territorio diocesano, a Adoración Nocturna Española de Tui-Vigo conta, na actualidade, con aproximadamente 400 adoradores que se reúnen periodicamente para adorar o sacramento da Eucaristía, o que supón un total de 36 quendas de adoración repartidos por diferentes parroquias da diocese.
O domingo 22 de xuño, a Igrexa celebra a solemnidade de Corpus Christi, é dicir segundo a doutrina católica a festa da presenza real do Corpo e o Sangue de Cristo na eucaristía; unha presenza que se prolonga fóra da misa no sagrario. Neste día, a Igrexa tamén celebra o «Día da Caridade».