7/04/2020

,

San Juan Bautista de la Salle
Menu

Nace o Organismo Consultivo Internacional da xuventude na Santa Sé

Nace o Organismo Consultivo Internacional da xuventude na Santa Sé

O Dicasterio para os Leigos, a Familia e a Vida, seguindo o Documento Final do Sínodo para a xente nova do pasado ano, instituiu un organismo de representación dos mozos e mozas a nivel internacional. O departamento correspondente nomeou para este Organismo Consultivo Internacional a 20 rapaces e rapazas de diferentes rexións do mundo, comunidades e movementos eclesiais, por un período de 3 anos.

Son xóvenes que teñen participado en diferentes fases do proceso sinodal, como o Foro Internacional da Xuventude que o Dicasterio organizou o pasado mes de xuño, para promover a implementación da exhortación apostólica Christus vivit. A primeira reunión está prevista para abril de 2020 en Roma.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest