O pasado luns, 21 de decembro, a capela maior do Seminario Menor San Paio acollía unha misa presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, para celebrar o atípico Nadal que este ano toca vivir entre confinamentos perimetrais, xel hidroalcohólico e máscaras.
O bispo, Mons. Luís Quinteiro, dirixiuse aos once seminaristas internos —Ismael, Mateo, Telmo, Tomás., Luís Daniel, Javier, Unai, Andrés, Tomás C, Erik, Kola— ao seu formador, Alberto Montes, ao director espiritual, Luís Cedeira, e ao reitor, Antonio Menduiña, para lembrarlles a importancia de compartir a alegría que, nestes tempos de crise, convídasenos a vivir a través do Evanxeo.
Estes once adolescentes internos comparten a súa formación con outros corenta mozos de entre 12 e 17 anos. O claustro de profesores, formado por catorce profesionais, acompáñalles tratando de ofrecerlles unha educación integral en todos os ámbitos da súa vida.
Agora, coas clases finalizadas ata xaneiro, ata despois da festa de Reis, os internos poderán gozar do reencontro coas súas familias para celebrar a chegada do Nadal.