O domingo 10 de novembro, a Igrexa en España celebra o Día da Igrexa Diocesana, baixo o lema «E se o que buscas está no teu interior?». Con motivo desta xornada, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, publicou unha mensaxe titulada «E ti… para quen es?», no que lembra que «todos somos chamados á vida polo Deus que nos ama; chamados ao amor que se expresa nunha relación persoal con ese Deus; chamados a vivir o reino e a anuncialo presente no mundo; chamados a construír Igrexa e a traballar nela, porque todos somos discípulos-misioneiros na Igrexa e no mundo».
Así, neste marco da xornada, o prelado tudense anima aos diocesanos e diocesanas a buscar no seu interior o sentido a súa vida, para descubrir a invitación de Deus «a ser a voz dos que non teñen voz, a ilusión de quen comeza cada día, a proximidade cos máis desfavorecidos […]… e facelo na comunidade-Igrexa dos seguidores de Xesús».
Como cada ano, o Secretariado para o Sostemento da Igrexa da Conferencia Episcopal Española promove a campaña do Día da Igrexa Diocesana que, este ano, celébrase o 10 de novembro, baixo o lema «E se o que buscas está no teu interior?». Nesta ocasión a campaña vira ao redor das vocacións, en sintonía co Congreso nacional de Vocacións que se vai a celebrar en Madrid do 7 ao 9 de febreiro.
O Congreso nacional de Vocacións quere ser unha «gran festa» da Igrexa para avivar o desexo e a necesidade das vocacións. Como anticipo, o Día da Igrexa Diocesana convida a buscar «no teu interior» para descubrir «o plan que Deus ten para ti». Porque «todos queremos atopar a felicidade na nosa vida, pero ás veces buscamos no lugarequivocado».Responder á “chamada” resulta «transformador e convida a vivir con autenticidade, compromiso e plenitude».