A comisión diocesana da HOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica) en Vigo publica un manifesto con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.
A explotación e a precariedade laboral, a conciliación familiar ou a brecha de xénero son só algúns dos temas mencionados no manifesto publicado pola HOAC que insta a defender unha educación baseada en valores de igualdade, respecto, solidariedade e complementariedade, capaz de promover un cambio social para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.
Con motivo da celebración do 8 de marzo, a Irmandade Obreira de Acción Católica de Tui-Vigo en colaboración coa iniciativa Igrexa polo Traballo Decente das cinco Dioceses galegas convida á participación da presentación-coloquio do libro No os dejéis robar la dignidad. El papa Francisco y el trabajo de Abraham Canles quen, ademais de ser o autor da obra, é responsable de publicacións da HOAC.
A presentación, aberta ao pública, terá lugar este venres, 12 de marzo, ás 17 horas. Debido á normativa vixente en materia de mobilidade e asistencia a encontros e demais actos culturais-formativos, o presentación desenvolverase en liña a través da plataforma Zoom.
Para participar, os interesados deben inscribirse a través do seguinte formulario que pode cubrirse aquí. Despois, a organización enviará o link e as claves de acceso de Zoom aos rexistrados.